venres, 22 de xaneiro de 2016

DIA DA PAZ 30 DE XANEIRO



O Día da Paz celébrase en todo o mundo o 30 de xaneiro.



Moitos carteis, moitos sinais,simbolos e quizais será isto a Paz.?


Os nosos alumn@s estiveron a traballar con frases sobre a Paz e démonos conta que moita xente está fóra dos seus fogares....noutros países,nen@s  sen maiores que os cuiden....é realmente esto a Paz?
A Paz escomeza por un fogar para todas as familias baixo o mesmo Sol

Podedes ver un enlace á biografía de Gandhi, unha persoa que loitou pola Paz nun momento no que todo parecía imposible ( Podes mirar en Galipedia/Gandhi)

martes, 19 de xaneiro de 2016

O ENTROIDO

As carautas forman parte esencial do Entroido. En todos os lugares, países, as persoas cubriron a súa face para caracterizar o personaxe.....Á dereita tedes un enlace (Entroido) que vos levará a unha serie de actividades ou informacións que a Coordinadora dos Equipos de Normalización Linguística estivo a preparar.


O CALENDARIO DO 2016


Boneca de millo do Museo do Xoguete

Fotos como estas serán as que formen parte do calendario do 2016. Xa están en imprenta e pronto o disfrutaremos.

O MES DE XANEIRO

Pobo feito con caixas de distintos tamaños pertencente ao Museo do Xoguete.
Se premes en galipedia (xaneiro) atoparás moitos refráns e ditos da cultura popular que ten  este mes como protagonista.

OS NOSOS LUGARES

MAPA DE LUGARES, PARROQUIAS DO NOSO CONCELLO ONDE VIVEN OS NOSOS ALUMN@S

Este mapa fixose coa idea de coñocer a toponimia da zona e estudar polo miúdo máis adiante os distintos lugares....dende os monumentos ata as lendas que os acompañan.


LINGUA MINORITARIA

CARTEL: O GALEGO VIAXA CON NÓS

Cartel realizado en distintas cores coas palabras preferidas das distintas aula-clase co fin de engadir ao noso vocabulario cada vez máis esquecido.

O MUSEO DO XOGUETE

Derradeira adquisición para o Museo do Xoguete realizada en maio-xuño do 2015 polos alumn@s de 6º A do colexio .

POESIAS DUN LABREGO EMIGRANTE


Moitas cousas en Galicia
xa tenden a desaparecer.


Anque mentras eu viva
nunca me hei de esquecer
nin deixar de ser galego
anque teña que morrer.


Falarei a miña lingua
onde queira que eu estea
que é a que deprendín
cos amigos que deixei.


Cos amigos da billarda,
cos amigos do palán
cos amigos da buxaina
e cos amigos do gua,
cos da pelota de trapo
e a darlle astra fartar.

O marro, a raia, a cachurra,
sáltate mula a pandar.
Os tres navíos na noite
empezabas a contar
mentres os demais corrían
pra podérense agochar.

Con tanta televisión
inda se han de atrofiar
que cegatos como teipas
pouco a pouco van quedar;
xordiños están case todos,
A berros hai que falar.

Eu berro forte en galego
que é a lingua que sei falar.

Os xogos que eran sans
non se tiñan que olvidar.
                                        Poesía de Tomás López pertencente ao libro Poesías dun labrego emigrante

O BLOG DE DINAMIZACIÓN LINGÚISTICA

Cabalos  que forman parte do Museo do Xoguete

Empeza a nosa singladura por este blog  como medio para transmitir ou achegar a nosa lingua a todos.