xoves, 18 de febreiro de 2016

RECICLA E CREA NOVOS XOGUETES

Non vos olvidedes do noso Museo
                                              Necesitamos máis xoguetes .....

 Buscade no lixo:

estropallo 
       botes de conservas
                botellas de plástico
   caixas de embalaxe..

Moita imaxinación.....


e un pouquiño de tempo.

Robot realizado polos nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria  no curso 2014-2015

luns, 15 de febreiro de 2016

XA PASOU O ENTROIDO

Un ano máis o Entroido chegou......

Febreiro é pequeno pero non por iso silandeiro..

Os máis pequenos todo ledicia
Os maiores todo medo
A Santa Compaña visítanos polos vieiros de bosques encantados ,reflexos dunha cultura ancestral .

TEMOS CALENDARIO

O calendario xa está nas  nosas casas....







As magníficas fotografías de  Spencer Bomstein  (auxiliar de conversa do noso colexio)  reflicten marabillosamente todos os xoguetes que forman parte do noso museo


Mais.....todo isto sería imposible sen a colaboración deses nenos e nenas, deses pais e nais,deses avós e avoas que fan posible que a lingua e cultura galega non sexa esquecida.


martes, 2 de febreiro de 2016

CASTELAO

Castelao nado o 30 de xaneiro do 1886
Pintando carautas para súas obras teatrais
Artista polifacético deixounos obras onde a escrita e o debuxo  cincelan a súa época non moi distinta á de agora.



luns, 1 de febreiro de 2016

O QUE QUEDA DE NÓS

Proxecto levado a cabo nos anos  2013 e 2015 en formato dixital que máis tarde se pasaría a papel para recoller todas aquelas actividades na que estiveramos a participar ao longo do curso.

Esperamos facer máis álbumes dixitais nos vindeiros anos.

FEBREIRO

FOTO DO MUSEO DO XOGUETE
Dixo no monte unha vella:
Vaite, febreiriño curto,
cos teus días vinteoito
que, se tiveses máis catro,
non quedaría nin can, nin gato.

Febreiriño contestou moito:
Os teus becerriños oito
deixa que meu irmán marzo
hachos de volver en catro.

Dito popular de febreiro Galipedia.

OS XORNAIS EN GALEGO

No ano 1907 nacía en Galicia o xornal: A Nosa Terra.

Portada de 1916, 
Hoxe cen anos despois desta portada ,xa non hai ningún xornal en papel,escrito en galego

Se queredes ler algo en galego, tendes que premer nos enlaces da dereita (xornais dixitais) e mirar de esguello por se atopades algo hoxe...mais apurade,pois poida ser que mañá xa non estea.,

OS XENERAIS DO ULLA

Estamos na zona dos xenerais do Ulla
Enlace á dereita Xenerais da Ulla :unidades didácticas