martes, 6 de decembro de 2016

A FADA TEA E A BRUXA DA GRELA



O grupo MANCUCO ANIMACIÓN

veu contarnos a  Lenda da Fada Tea e a bruxa da Grela


Asistiron os alumn@s de Infantil , primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Primaria.

O MES DE DECEMBRO XA CHEGOU

Foto do calendario correspondente ao derradeiro mes do ano.


luns, 14 de novembro de 2016

O NOSO MAGOSTO...O NOSO CASTAÑEIRO

Lume para as castañas
Lume moi quente
chispean as nosas castañas


Bandullos famentos
faíscas queimando..


Nen@s durmintes
xa todos esperando.

A FESTA DO SAN MARTIÑO


Polo San Martiño
as buxainas 
ao camiño









Fotos fermosas que nos acercan a esta importante festa.


MUSEO DE XOGUETE: QUEREMOS MÁIS


Moitos xoguetes 
fixeron os nosos nen@s
coas mans agarimosas
dos seus devanceiros.


Moitas castañas 
doutro xeito comestas


Deixade unhas poucas
para o noso museo
xeracións virán e disfrutarán.


CANTIGAS RECOLLIDAS POLOS NENOS E AS NENAS...MEMORIA DO MAGOSTO








O MAGOSTO : 10 DE NOVEMBRO


 O MAGOSTO ESTIVEMOS A CELEBRAR
UN XOVES DE NOVEMBRO...








COAS BUXAINAS LANZADAS
ESPERANDO O SAN MARTIÑO.


sábado, 5 de novembro de 2016

O SAN MARTIÑO NOS ESPERA

Vellos castiñeiros 
viven nos soutos.
Pequenas castañas 
en grandes ourizos
esperan petelos 
para regañar risas.

Nas fogueiras
zonchos e bullós
esperan nenos
sobre candeas secas.
cachos de papel
con letras impresas
camiños de tinta 
acariñan as ouriceiras.

O MES DE NOVEMBRO


Foto do  calendario do mes de novembro

Deixe señor hórreo

un pouquiño de espazo
para gardar ás bonecas
 de follas de millo.

Deixe señor hórreo 
un pouquiño de espazo 
para gardar as maias
do souto do meu veciño.

CONTAMOS CONTOS: O ZAPATEIRO E O RAPOSO


No mes de outubro contáronnos moitos contos...disfrutamos dunhas marabillosas imaxes, dunhas máxicas palabras que nos transportaron a mundos onde habitaban o zapateiro e o raposo .

martes, 6 de setembro de 2016

Unha fermosa poesía acompaña ao noso mes de setembro


Paracaídas de papel

non te vexo voar
é que tes medo dos paxaros
ou prefires descansar?

A nosa lingua  sempre voará....depende de nós.

UN NOVO CURSO ESCOMEZA....




mércores, 25 de maio de 2016

DISFRUTAMOS DAS POESIAS DE MANUEL MARIA

As nenas e nenos do CEIP A Igrexa -Calo quixemos rendirlle a nosa particular homenaxe a Manuel María co gallo do Día das Letras Galegas, facendo unha pequena escolma da súa obra.

Desexamos que vos guste !!!!!!


Manuel Maria

martes, 10 de maio de 2016

O MUSEO DO XOGUETE VISITA RIBEIRA

Neste mes de maio o noso Museo do Xoguete permanecerá exposto no centro de día dos enfermos de Alzheimer de Ribeira para a realización de diferentes terapias


Asemesmo estará aberta ao público da zona que a queira visitar.


luns, 2 de maio de 2016

A ESCOLA DE DOLORIÑAS POR JULIA MINGUILLÓN

PINTORA RETRATA A ESCOLA DO MOMENTO.

NÓS NO MUPEGA

A escola do ferrado....unha cociña.
A escola noutras épocas

As persoas que forman parte da Asociación AGADEA relataron aos nenos e nenas de quinto de primaria do colexio, as súas experiencias nas escolas do franquismo.

Os seus recordos, a súa nenez nítida  nos pupitres, no pizarrín,
nos silabarios...

Se queredes ver máis podedes premer á dereita, o enlace ao MUPEGA VIRTUAL
e así acercarse a outro tipo de escola.


mércores, 27 de abril de 2016

venres, 22 de abril de 2016

MUSEO DO XOGUETE


Novas adquisicións....

Novos préstamos para o Museo do Xoguete


Grazas a tod@s por seguir aí engadindo xoguetes.

RECICLA E CREA

A PROFE ANA E OS ALUMN@S DE TERCEIRO DE PRIMARIA 
CREARON ESTES XOGUETES PARA O NOSO MUSEO

mércores, 13 de abril de 2016

A BONECA ............DE "OS SOÑOS NA GAIOLA"

A  boneca

A boneca está cosendo
un fermoso manteliño
¡Dá puntadas e puntadas

Poema de Manuel María  con foto do calendario do 2016

PROPOSTA DE TRABALLO: UN POEMA UNHA ILUSTRACIÓN.
nun branco anaco de liño!

A neniña está cosendo,
a neniña está bordando:
¡en cada puntada súa
un soño vai apreixando!

A boneca é unha espiga
de máiz, con pelo loiro
¡A boneca hai que vestila
que non pode andar en coiro!

A neniña é moi pobriña,
¡Cose, cose no ourelo,
a boneca hai que poñerlle 
o seu fermoso mantelo....!

¡A boneca é moi fermosa,
máis fermosa non a hai!
¡A boneca fai de filla
e a neniña fai de nai....!










luns, 11 de abril de 2016

UN POETA, UNHA VOZ...MANUEL MARIA

Á dereita tendes un enlace á casa museo de Manuel María, cun apartado sobre unidades didácticas para todos os niveis de Infantil e Primaria.

luns, 4 de abril de 2016

PINGAS DE ROSALIA

Nen@s de cinco anos traballan libremente sobre un poema, sobre unha poetisa ...calquera día do ano.

xoves, 31 de marzo de 2016

MANUEL MARIA E OS SEUS SOÑOS NA GAIOLA


PINGAS DE ROSALÍA

HAS  DE CANTAR DE ROSALIA.... POLOS NENOS E NENAS DE 5º PRIMARIA

MES DE ABRIL

Foto pertencente ao mes de abril do calendario Museo do Xoguete

Cuco rei, cuco rei

cantos anos vivirei?
vinte e cinco non o sei
un,dous,tres..

Cuco de maio,
cuco de abril,
cóntame os anos
que hei de vivir.
















venres, 4 de marzo de 2016

PINGAS DE ROSALÍA

Lembramos a Rosalía no seu aniversario cunha exposición de Retratos.
Artistas : Alumnos de Educación Infantíl; grupo de 3 anos B.

martes, 1 de marzo de 2016

MARZO

Marzo marzote; pola mañán cara de pote,ao mediodía por ai se iría e pola noite, un serán coma se fora verán.

xoves, 18 de febreiro de 2016

RECICLA E CREA NOVOS XOGUETES

Non vos olvidedes do noso Museo
                                              Necesitamos máis xoguetes .....

 Buscade no lixo:

estropallo 
       botes de conservas
                botellas de plástico
   caixas de embalaxe..

Moita imaxinación.....


e un pouquiño de tempo.

Robot realizado polos nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria  no curso 2014-2015

luns, 15 de febreiro de 2016

XA PASOU O ENTROIDO

Un ano máis o Entroido chegou......

Febreiro é pequeno pero non por iso silandeiro..

Os máis pequenos todo ledicia
Os maiores todo medo
A Santa Compaña visítanos polos vieiros de bosques encantados ,reflexos dunha cultura ancestral .

TEMOS CALENDARIO

O calendario xa está nas  nosas casas....







As magníficas fotografías de  Spencer Bomstein  (auxiliar de conversa do noso colexio)  reflicten marabillosamente todos os xoguetes que forman parte do noso museo


Mais.....todo isto sería imposible sen a colaboración deses nenos e nenas, deses pais e nais,deses avós e avoas que fan posible que a lingua e cultura galega non sexa esquecida.


martes, 2 de febreiro de 2016

CASTELAO

Castelao nado o 30 de xaneiro do 1886
Pintando carautas para súas obras teatrais
Artista polifacético deixounos obras onde a escrita e o debuxo  cincelan a súa época non moi distinta á de agora.